Benvida

Ola a todos e a todas.!!



Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.

Agardamos as vosas colaboracións!



domingo, 15 de marzo de 2015

TEATRO EN GALEGO. HISTORIAS DE CONTRABANDO


O actor Avelino González, coñecido polo seu personaxe de Miñato na serie televisiva Padre Casares, ofrecerá un monólogo o martes 24 ás 8 da tarde no teatro Bergidum. 
Baixo o título "Historias de contrabando" a sinopse do espectáculo di que "o contrabando non é unha actividade comercial, é unha actitude diante da vida. É compatible cos trámites administrativos que non poidas evitar. Chámese matrimonio ou declaración da renda". 
O contrabandista é un comerciante que non xera lucros para o estado. As historias non entenden de fronteiras e viaxan de boca a orella, presentándonos cal somos e ríndose de como somos.
Agardámosvos no teatro!,  e tamén os vosos comentarios.

No hay comentarios: