O recuncho das palabras
Este blog creado no seo do Departamento de Galego da EOI de Ponferrada quere achegarse máis ao alumnado así como a todas aquelas persoas que desexen amosar as súas inquedanzas e pensamentos sobre diferentes temas que iremos ofrecendo.
Páginas
Benvida
Ola a todos e a todas.!!
Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.
Agardamos as vosas colaboracións!
Dende o Departamento de Galego da EOI de Ponferrada queremos iniciar este novo curso lectivo cun blog no que o alumnado e todas aquelas persoas que o desexen nos fagan saber as súas inquedanzas sobre os diferentes eidos temáticos que iremos creando.
Agardamos as vosas colaboracións!
miércoles, 14 de marzo de 2018
Neste enderezo tedes toda a información relativa ás probas para a obtención dos Celgas que, como en anos anteriores, se desenvolverán aquí en Ponferrada.
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0249/probas-para-obtencion-dos-certificados-lingua-galega-niveis-celga-1-2-3-4
martes, 1 de marzo de 2016
E logo? Fostes escoitar a contada de Celso F. Sanmartín ao teatro Bergidum o venres 26 de febreiro?
Entón a que esperades para compartir connosco as vosas impresións... ou ¿é que aínda estades a rir e a asimilar toda a súa arte de contar? Contádenos que vos pareceu.
Para os que vos foi imposible asistir deixámosvos aquí unha mostra para que a próxima vez que teñades oportunidade de o escoitar non o perdades.
viernes, 12 de febrero de 2016
FOTOS DO ENTROIDO DE VIANA DO BOLO
En Galicia hai sete entroidos que posúen o recoñecemento de Festas de Interese Turístico:
- Dúas delas son Festas de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (Ourense) e o Entroido de Verín (Ourense).
- As outras cinco teñen están consideradas como Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (Vilaboa. Pontevedra), o Entroido de Laza (Ourense), o Entroido de Viana do Bolo (Ourense)), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (Ourense), os Xenerais do Ulla (concellos da comarca do Ulla, que pertencen á Coruña e a Pontevedra) e o Entroido de Maceda (Ourense).
Velaquí unhas fotiños representativas dun deles, do ENTROIDO DE VIANA DO BOLO, que quixo compartir connosco a alumna do C1, Ana Pereira Salgado. Moitas grazas, Ana.
miércoles, 3 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
jueves, 14 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Este ano o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Un alumno de primeiro curso de nivel avanzado ofrécenos o seguinte comentario e unha reflexión sobre o homenaxeado:
A R. A. G. homenaxea este ano ao erudito Filgueira
Valverde no próximo Día das Letras Galegas, o cal vén sendo obxecto de
polémica.
Podería ser o ferrolán Carvalho Calero, ou talvez
Manuel María, mais a sobranceira Institución da Lingua Galega fixo a súa
escolma e decidiu que o polifacético e polígrafo Xosé Fernando Filgueira
Valverde era merecente da distinción e conviña dedicarlle tan senlleira
festividade.
Se algunha cualidade distingue ao recoñecido e louvado
Filgueira Valverde é a capacidade de traballo intelectual: escribiu por enriba
dos 300 libros, máis unha chea de colaboracións a xeito de artigos e
publicacións variadas. Foi un gran investigador da literatura medieval, ao
mesmo tempo que filólogo e etnógrafo. Noutro canto, destacou como arqueólogo e
tamén como amante dos costumes e maneira de ser dos galegos. Tamén desempeñou
diversos cargos, nomeadamente no Seminario de Estudos Galegos, na mesma Real
Academia da Lingua,... e, asemade, nos eidos da política ou do ensino,...
Recibiu numerosos premios e agasallos. Chegaría a ser alcumado co título de
“vello profesor”.
Filgueira desenvolveu un labor que é de agradecer polo
que atinxe ao estudo da historia do medioevo, período no que acadou prestixio e
sona, o que lle concedeu unha autoridade intelectual incontestable. A súa teima
levábao a pescudar nas épocas das principais peregrinacións relixiosas no
Camiño de Santiago, nos elementos da arquitectura tradicional e nos séculos
escuros e case esquecidos da Idade Media. Por outra banda, estivo vencellado
durante un tempo ao Museo da súa cidade, Pontevedra, e era tamén un observador
extraordinario dos detalles que tiñan a ver cos antergos.
Ademais, as súas achegas sobre a etnografía, os
costumes e a arqueoloxía da terra galega procuráronlle unha morea de
posibilidades ao fin de afrontar os seus relatos. As referencias ao
consuetudinario, moitas veces, son constantes. Como columnista, no conxunto de
aportacións recollidas nos "Adrais" ou na serie de contos e
narracións da colección titulada "Quintana viva", amosa o xenuíno e a
autenticidade de figuras esterotipadas cuxa presencia é notoria. O feito de
contar cunha inxente cantidade de volumes divulgados (máis de 300) permitiulle
abranguer unha ampla diversidade de materias.
A súa faceta política é outro dos trazos que o
caracterizan: rexidor da cidade do Lérez, Conselleiro de Cultura con Fraga,
Parlamentario e nomeamentos públicos no ámbito da cultura e mailas artes.
A sabedoría que acumulaba non era allea ás súas
indagacións filolóxicas e lingüísticas. Porén, tendía a escoitar a fala do
pobo, dos aldeáns e de personaxes tradicionais. O seu olfato especial e a
habilidade para acoller o enxebre e propio dos grupos humanos axudáballe
dabondo a debuxar con verbas delicadas e axustadas o esencial de cada
situación.
Aínda que ninguén negue nin poña en dúbida a súa
valía, o certo é que quizáis sexa moi cedo para adicar a data máis sinalada de fomento
da lingua a un home que tendeu a apoiar o réxime franquista. Ao contrario, no
aspecto positivo, axudou a prol do reforzo e defensa da lingua e as tradicións
máis nosas. Neste senso cómpre referir unha nota de Xosé R. Freixeiro Mato, na
que vén dicir que tres textos que gababan ao ditador (xa no ano 1937) saíron da
súa pluma e correspóndense coa autoría do persoeiro ao que imos lembrar o
vindeiro día 17; e, por outra banda, os defensores da súa candidatura atopárono
con dignidade e calidade indiscutible. Cómpre
valorar os acontecementos en canto as condicións do momento nas que se deron.
Ao meu entender, pódese rematar concluíndo que o problema insírese no que fai á
oportunidade e non na cualificación dunha obra certamente imprescindible e
excepcional.
Marcelino B. Taboada
martes, 12 de mayo de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
VIAXE A GALICIA
O Departamento de Galego e a Escola de Idiomas organizan una viaxe pola Costa da Morte do máis atractiva: "O Camiño dos Faros", ruta que une Malpica con Finisterre polo bordo do mar, o gran protagonista.
Un Camiño que percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar. Faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, esteiros cunha gran cantidade de aves, mares de granito, castros, dolmens, vilas mariñeiras, miradoiros ao mar que rompe de todas as formas posibles, postas de sol... unha ruta de sendeirismo como poucas e que nos levará a un mundo de sensacións únicas que só se poden gozar nesta Costa da Morte.
A nosa proposta e facer algunha das marabillosas etapas do Camiño. Podedes atopar a información na páxina da escola e xa só queda apuntarse canto antes.
Non volo quereredes perder!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)